ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

Visita Lalana

Hai uns días os do Club de Lectura tivemos a sorte de contar co escritor Fernando Lalana.Xa nos parecera moi entretido o seu libro "La Tuneladora" e non nos defraudou, para nada, a charla que tivemos con el. Falamos de libros, personaxes, películas, vocacións e... da vida.

No seguinte vídeo tedes unha mostra do  ben que o pasamos.

 




OS CAMPEONÍSIMOS



Por fin! Xa temos campeóns en todas as etapas e modalidades. Sodes todos uns campeóns. E todas! (podo dicir todas en plural porque rapazas eran dúas, Angela e máis Belén, dignas heroínas de comic). Asi que todos levaredes un premio: a nosa felicitación.

Vale, é un pouco cutre.
O premio da modalidade de xogadas on-line é para Fernando e Miguel de 3º B (porque aínda que nos despistamos e tardamos en contestar, a súa última xogada puntuou porque estaba ben). Tamén Fernando Blanco é o gañador da ESO e Román, de Bacharelato. A semana que ven xogarán a partida de exhibición. Despois farase unha celebración na que se entregarán os premios para estes tres campeóns máis destacados e agasallos para todos os participantes.
Moito coidado aí fóra!


Remata a Semana da prensa


EXTRA, EXTRA!!!
NOTICIA BOMBA!!

EN PRIMICIA PODEDES VER AQUÍ AS NOTICIAS MÁIS RELEVANTES DOS ÚLTIMOS.... 100 ANOS!!!!

Lóxicamente non hai xornal onde caiba tal cousa, pero os reporteiros máis dicharacheiros de bibliotecalandra conseguírono unha vez máis. Así que aquí vos deixamos cunha pequena mostra do que foi a Semana da Prensa, durante a cal puidestes ler todas estas noticias na exposición que tivo lugar na entrada do Instituto.




19 de marzo

Aínda que iso do día do pai está moi impregnado de consumismo e mercadotecnia, é unha boa ocasión para rendir homenaxe ós nosos proxenitores. Nós farémolo ao noso estilo: recomendando un libro e unha peli. O libro é "El olvido que seremos" de Héctor Abad Faciolince e a película "Camino a la perdición" de Sam Mendes. Escollemos dúas frases de cada obra:

“La idea más insoportable de mi infancia era imaginar que mi papá se pudiera morir, y por eso yo había resuelto tirarme al río Medellín si él llegaba a morirse”.



“Cuando la gente me pregunta si Michaell Sullivan era un hombre bueno, o si en él no había ni una pizca de bondad, yo siempre doy la misma respuesta; sólo les digo: era mi padre”.

Semana da prensa


Estamos a celebrar a III Semana da prensa no noso IES. No vestíbulo temos unha exposición de portadas de xornais case todas do século XX, e está para a vosa disposición un par de cuestíonarios e, sobre todo, cinco actividades en materiais ardora nesta mesma páxina. Podedes coñecer o noso pasado recente tal como o viviron na súa época: explosións, asasinatos, revolucións, cambios de goberno, fenómenos sociais...

(Pregunta do millón: A que non sabedes o que pasou nas outras dúas edicións?)

Medea

O martes día 15 os alumnos de 1º e 2º de Bacharelato de Humanidades asistiron nas xornadas de Teatro Grecolatino de Lugo á representación de Medea de Eurípides. E levaron unha sorpresa porque.... lles encantou!!! Non era para menos: o coro era formidable e Medea realmente era de armas tomar. Algúns sairon "conmocionados" (sic). Total: que se o destino o permite, repetiremos.






Gala do Sabías Que 2011

Aínda que pareza mentira xa remataron as catro semanas que durou o noso concurso cultural SABÍAS QUE, e para celebralo organizamos unha "fastuosa" gala na que tiñamos ata unha alfombra vermella. Foi un espectáculo de luz, son e sobre todo moita emoción.

Como mostra vos deixamos un vídeo que fixemos coas fotos dos tres primeiros clasificados de cada categoría. Poderedes ver o vídeo coas fotos de todos os grupos participantes no blog do SABÍAS QUE, algún dos participantes está irrecoñecible, supoñemos que é porque a gala coincidiu co festival de Entroido.




Desde aquí dicirvos que quedamos moi satisfeitos coa acollida que tivo o concurso este ano, e queremos agradecer a vosa participación e entusiasmo. Esperamos contar con vós en próximos concursos.

Comentario sobre a Tuneladora


Antes de nada, grazas a todos os que participastes no concurso e nos destes a vosa opinión sobre o libro do club de lectura. Hai unha que nos emocionou e aquí vai publicada co permiso de Bea, a súa autora. Lede e xulgade vós mesmos:

Cuando te dicen que debes hacer un comentario con tu opinión personal, lo primero que piensas es: «Sí, bueno, me gustó por que el libro es muy interesante, los personajes están muy bien logrados y el argumento es muy gracioso» Y así te desembarazas rápidamente con esas cuatro líneas y puedes pasar a otra cosa; si no que se lo digan a algunos profesores de lengua, que ahora ya no incluyen esa pregunta en el examen por que, escarmentados, saben que aunque el libro sea aburrido, sea divertido o ni lo hayan leído, la respuesta está obviada, da igual que el libro trate del Holocausto, sea una novela de Conan Doyle, el último libro de Moccia o La Divina Comedia, la respuesta siempre la misma.
Pero hay algo, ese factor X que nos lleva a cambiar este extraño fenómeno, y es, que en realidad el libro valga la pena lo suficientemente como para manifestar algún pensamiento. Todo esto viene a cuento de las primeras impresiones y los comentarios superficiales (muy, muy superficiales). Porque recuerdo perfectamente la impresión que me llevé al ver el libro de la Tuneladora por primera vez: «Bueno, no tiene muy buena pinta... pero habrá que leérselo para el club...» Y piensas en que va a ser la típica historia de detectives y que ni de broma va a entrar en tu lista de libros favoritos, ni siquiera en el 80º.
Y por la tarde bajas la cremallera y ves ese libro que sobresale entre los demás de tu mochila y lo coges, sólo para tener una excusa para no escuchar a tu prima pequeña que te está explotando la cabeza con su hiperactividad y que no puedes hacer callar, y de repente comienzas leer y te ríes, y no te das cuenta de que has leído más de medio libro, ni adviertes la cara con la que te mira tu prima como si estuvieras loca, hablando sola y diciendo barbaridades sin sentido como: «Ja, que buena, Fermín», «Fijo que este sabe algo» «Este fijo, fijo que es el asesino» o «Es él, Andrés, ¡está vivo!»
Y tienes examen al día siguiente, pero no puedes abandonar esa historia, simplemente TIENES que saber donde está Andrés, o tu también desaparecerás de un momento a otro. Y en un instante de confusión abandonas la literatura trovadoresca de la Edad Media y te sumerges de nuevo en el mundo del crimen.
Y al día siguiente, llegas a clase y te dice tu amiga: « ¿Has empezado el libro ese? Fijo que es un aburrimiento, ¿no?» Y empiezas a hablar, y hablas, y hablas, y toca el timbre, y sigues hablando por la escalera y sigues contándole esa maravillosa historia condensada en esas 209 páginas que sucede en tan poco tiempo, que está tan bien apoyada históricamente y sigues hablando y notas como las ganas de tu amiga van creciendo gradualmente, sobre todo cuando te niegas a contarle el final.
En dos días ella se ha terminado el libro y tú ya has ido a por otros dos a la Biblioteca y seguís hablando de eso, y vais a preguntarle al profesor de Historia por lo de la Guerra Civil- movidas de nuevo por ese factor X- y le contáis de que va, y a él también le entra el gusanillo y busca información y te asesora históricamente. Y cuando tu profesora te dice que ipse Lalana viene, te emocionas y nada te va impedir conocerle, mueves exámenes o accedes a venir a dar clases extra, el caso es hablar con él, y empiezas a pensar en qué decirle, cómo será, de qué hablará...
Y sigues y sigues hasta que tus otros amigos te tachan de monotemática hablando sin parar de ese libro que te pareció típico, con una portada banal, un título vacío, ese mismo libro que lleva dos semanas en tu nº 1

Aviso para grumetes


Lembrade que o venres 11 de marzo ás 11.30 faremos o concurso-cuestionario sobre La tuneladora. Non esquezades que o luns temos unha cita co propio Lalana na que poderedes preguntarlle sobre os seus libros todo o que queirades. Esperámosvos.

8 de marzo


Unha data do calendario. Un día internacional de tantos. Hai unha causa xusta para cada día, de feito. Mais, hoxe queremos destacar este porque seguimos a consideralo importante; en realidade, máis que o día, impórtanos a causa; a loita de tantas mulleres -mulleres traballadoras- polos seus dereitos, pola súa non discriminación.
E en tempos de crise máis que nunca, se cabe (porque enseguida agroma a tendencia a solucionar mandándonos a casa, ao coidado das crianzas e desvalidos...). Non nos esquezamos de que o conseguido é froito de moito "sangue, suor e bágoas", e de que queda moito por andar, non despreciemos a camiño feito pensando que xa está percorrido; non deixemos de loitar polo que nos corresponde, de loitar por tratar e ser tratadas simplemente como iguais.

Deixámovos un enlace cunha serie de artigos sobre "mujeres que cambian el mundo" que se están a publicar estas semanas: Gloria Company (Afganistán), Alison Saracena (India).

El caballero de Olmedo

O luns 28/2 os alumnos de 1º de BAC e algúns profes escollidos entre o mellor de cada casa tivemos a inmensa sorte de asistir á representación da obra de Lope de Vega El caballero de Olmedo que a compañía vallisoletana Teatro Corsario trouxo de xira ata o teatro Rosalía de Castro de A Coruña.
Cremos que non nos equivocamos se decimos que a actividade non defraudou a case ninguén. O bo facer dos actores desta estupenda compañía (algúns dos cales os tedes nesta foto de Luis Laforga) fíxonos pasar unha hora e media magnífica mergullados no ambiente das comedias do século de ouro e ós cinco minutos a ninguén lle resultou unha "dificultade" que os actores falaran en verso, coa teima que lle teñen algúns sempre "ó que está en verso".
Está claro que o teatro, máis que para lelo, está para velo e disfrutalo en vivo que é como se aprecian todos os seus matices. A obra de Lope é unha das lecturas "obrigatorias" deste curso, pero estamos seguros que vai ser unha das que lembredes con maior agrado.
Deixámosvos cuns vídeos da compañía Teatro Corsario e cun fragmento da obra para que vos animedes e vos afeccionedes ó teatro, que, as máis das veces é ben máis divertido que o cine.




Nós xa estamos agardando pola seguinte...e algún entrenando, que se fai falta para a próxima vai correndo detrás do bus ata A Coruña con tal de non perdela...
ir arriba